logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

A fraga

a fraga feita mar

Parque natural fragas do eume

O Parque Natural das Fragas do Eume é o bosque atlántico costeiro máis importante que se conserva en Europa. Foi declarado como tal en 1997. Cinco concellos repártense as 9.125 hectáreas do Parque: As Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

O termo fraga significa varios tipos de bosque. Pertencentes todos eles aos denominados ‘bosques atlánticos caducifolios europeos’. O val do Eume acubilla o tipo de bosque atlántico máis escaso tanto en Galicia como en Europa. Os bosques atlánticos están condicionados pola proximidade do océano, sendo así ecosistemas únicos, adaptándose a vexetación a condicións de humidade máis altas que nos bosques naturais no interior, practicamente sen períodos de seca estival.

As Fragas do Eume son o último refuxio dunha gran cantidade de especies. Estes bosques soportaron o paso do tempo, seguramente, debido á dificultade para aproveitar a madeira polas pendentes que se observan no terreo. Estes bosques eludiron a intervención humana a partir do neolítico. Hoxe podemos distinguir dous grandes trazos que fan únicas a estas fragas: a paisaxe típica de fai millóns de anos na Galicia costeira e as distintas especies autóctonas, incluídas un gran número de especies endémicas.

Entre as árbores son abundantes os carballos, amieiros, freixos, olmos, salgueiros, castiñeiros e loureiros. Tamén hai outros menos comúns como os pradairos, acivros e teixos. Entre os arbustos máis comúns hai especies como o espiño albar e o érbedo, comunmente asociado a climas máis cálidos. Conviven coas anteriores especies como a arandeira, a xilbarbeira, o brizo, a violeta; e lianas como a hedra ou o cabrifollo.

A presenza de fentos é unha característica das Fragas do Eume que conta cunha gran diversidade de especies. Algunhas moi raras son herdeiras da vexetación subtropical que poboaba as beiras do que hoxe é o mar Mediterráneo durante o período Terciario, fai uns cincuenta millóns de anos.

Os cambios climáticos do Cuaternario, glaciacións e desertización, extinguiron moita da flora que foi incapaz de adaptarse ao novo medio. Algunhas daquelas plantas sobreviviron en zonas protexidas a estes cambios, como no tramo final do río Eume que supostamente conservou estás condicións debido á súa marcada orografía.

A fauna nas Fragas do Eume está formada por máis de 170 especies. Entre as aves destacan o azor e o abián, ou rapaces nocturnas como a avelaiona, o bufo rapaz ou o gran bufo real. Entre os mamíferos destacan, con gran poboación, os xabarís, corzos, cervos, londras, xinetas, martas e nas partes máis internas pódense ver lobos. Tamén existe unha gran variedade de anfibios como píntega rabilonga, o sapo partero, o sapo corredor ou o tritón ibérico. Entre a fauna acuática destaca o reo, un tipo de troita migratoria que abunda no último tramo do río.

Cabanas ten dous accesos destacados ao P.N. das Fragas do Eume, desde as parroquias de Irís e Soaserra, ofrecendo ás persoas visitantes unha alternativa máis salvaxe e libre de vehículos

Desde Irís
Desde Soaserra

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web