logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Contacto
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Contacto
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos

Castros e mámoas

primeiros asentamentos

os nosos castros

Cabanas alberga diversos castros, todos eles sen escavar, en diferentes parroquias do concello. Situados en espazos elevados, algún deles permite gozar dunhas inigualábeis vistas panorámicas.

Castro de piñeiros

Parroquia: S. Vicente de Regoela
Lugar: Piñeiros
Coordenadas: 43º26’48,5”N / 8º06’33”W

Situado na parroquia de San Vicente de Regoela, o castro de Piñeiros, está formado por un único recinto con forma oval de 110m. no eixo N.-S. e 100m. no eixo E.- W. O arroio de Cerdeiras reforza, de forma natural, as defensas no lado mais occidental. No sector oriental, con todo, a estrutura defensiva está mellor formada, así ademais da muralla de terra que rodea a totalidade do conxunto, cunha altura de entre un e catro metros, no interior, e de catro a sete metros no exterior, pódese ver un foso con mais de tres metros de ancho, precedido por un antefoso de entre medio metro e un metro de altura. A entrada ao poboado, situada no lado suroeste, é unha abertura de cinco metros na muralla.

de monte de castro

Parroquia: Sto. Estevo de Irís
Lugar: Cutiño
Coordenadas: 43º26’5,3”N / 8º08’35,2”W

Situado na parroquia de Santo Estevo de Irís, o castro Monte de Castro, está a formar por un recito de dimensións, 95m. no eixo N.-S. por 80m. no eixo E.- W., é de forma oval. Rodéao unha muralla de terra e pedra dun a dous metros de altura no interior e de dous a tres metros no exterior. A defensa do castro fórmana un foso, de entre catro e seis metros de ancho e un antefoso que oscila entre medio metro e un metro de altura. Accédese á croa a través dunha abertura na zona NNE duns dous metros de anchura.

Castro das modias

Parroquia: S. Martiño de Porto
Lugar: As Modias
Coordenadas: 43º25’35,7”N / 8º08’5,2”W

O castro dás Modias está situado sobre unha lomba na conca do río Castro. O río actúa como defensa natural, No lado norte pódese ver un terraplén que chega ata o mesmo. Ten un recinto central de 78m. no eixo N.-S. e 95m. no eixo E.- W. con forma oval. Está rodeado por un terraplén culminado nun muro de terra de entre 40cm e 60cm. de altura no interior e de dous a catro metros no exterior, o muro practicamente desaparece no cara norte, onde o río Castro exerce de defensa natural. Pódese ver unha rampla de acceso na zona SSE, interrompendo a defensa. Non está claro que este fóra o acceso principal orixinal. A este castro poderíaselle asociar a procedencia do Torques de San Martiño de Porto.

pegadas do neolítico

as Mámoas

As mámoas son construcións realizadas coa acumulación de pedra e terra, cun uso funerario.
En Cabanas hai documentada unha boa mostra delas, algunhas das cales detallamos a continuación.

NOMEPARROQUIALUGARCOORDENADASDESCRICIÓN
A Serra 1S. Vicente de RegoelaA Serra43º26'50'' N / 8º05'43'' WTúmulo de 20m. no eixo  N.-S. e 23m. no eixo E.- W. e 2 m. de altura. Cunha ampla depresión central, dun metro de profundidade, aprécianse restos de pedras da coraza.
A Sera 2S. Vicente de RegoelaA Serra43º26'50'' N / 8º05'43'' W
O Bogallo 1Sta. Olaia de SoaserraO Bogallo43º26'12'' N / 8º05' 50'' WTúmulo de 13m. eixo  N.-S. e 15m. eixo E.- W. Ten unha altura de trinta centímetros.
O Bogallo 2Sta. Olaia de SoaserraO Bogallo43º26'12'' N / 8º05' 50'' WAtópase a uns 100 m. ao noroeste de O Bogallo 1. É un túmulo de 11m. nos seus eixos N.-S. e E.-W. con unha altura entre 40 e 50 cm.
Cal da SerraSta. Olaia de SoaserraLavandeira43º26'27'' N / 8º06' 10'' W
CadabalSta. Olaia de SoaserraLavandeira43º26'27'' N / 8º06' 10'' WTúmulo de 15 m. no eixo N.-S. por 19 no eixo E.-W. Ten 1,4 m. de altura. Depresión duns 70 cm. de profundidade.
Painceira 1Sta. Cruz de SaltoBaladós43º26'01'' N / 8º07' 10'' WTúmulo megalítico de 20 m. no eixo N.-S. por 20,5 m. no eixo E.-W. con 2 m. de altura. Ten unha depresión central de 1 m. de profundidade na que se ven dous ortostatos de granito. Ten pedras da coraza de granito e Cuarzo.
Painceira 2Sta. Cruz de SaltoBaladós43º26'01'' N / 8º07' 10'' WTúmulo megalítico de 17 m. no eixo N.-S. por 15,5 m. no eixo E.-W. cunha altura de 1,3 m. Cunha depresión de 1 m. de profundidade.
Monte dos Golpes 1Sto. Estevo de EirísSalto de Abaixo43º26'22'' N / 8º07' 30'' WÉ un túmulo megalítico de 17 m. no eixo N.-S. e 21 m no eixo E.-W. e 1,5m. de altura. Depresión de 1,3m. de profundidade.
Monte dos Golpes 2Sto. Estevo de EirísSalto de Abaixo43º26'22'' N / 8º07' 30'' W
Monte dos Golpes 3Sto. Estevo de EirísSalto de Abaixo43º26'22'' N / 8º07' 30'' W
Monte dos Golpes 4Sto. Estevo de EirísSalto de Abaixo43º26'22'' N / 8º07' 30'' WEstá situada a 100m. dirección sur da mámoa Monte dos Golpes 2. Túmulo de 9m. no eixo N.-S. por 9 m. no eixo E.-W. cunha altura de 50 cm. Obsérvanse restos da coraza formada por pedras de granito. Ten unha depresión duns 20 cm. de profundidade.
Monte dos Golpes 5Sto. Estevo de EirísSalto de Abaixo43º26'22'' N / 8º07' 30'' WTúmulo de 11m. no eixo N.-S. por 12m no eixo E.-W. e de altura 50 cm. Ten unha depresión de 30 cm. de profundidade. Está devastado. Atópase a uns 60 m. e 70 m. en dirección SE das mámoas Monte dos Golpes 2 e 3.
Monte dos Golpes 6Sto. Estevo de EirísSalto de Abaixo43º26'22'' N / 8º07' 30'' W
Monte dos Golpes 7Sto. Estevo de EirísSalto de Abaixo43º26'22'' N / 8º07' 30'' WTúmulo de 14 m. no eixo N.-S. por 14,5 m. no eixo E.-W. e 1 m. de altura. Está derruido. Ten unha depresión de 30 cm. de profundidade. Está situada a 100 m. ao nordeste da mámoa Monte dos Golpes 6.
Punxeiro 1Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo con 14 m. no eixo N.-S. por 11m. no eixo E.-W. e unha altura de 1 m. Distínguense restos de coraza. Está arrasada e ten unha depresión de 30 cm.
Punxeiro 2Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WÉ un túmulo de 16 m. no eixo N.-S. por 16 m. no eixo E.-W. e una altura de 1 m. Pódense observar restos de coraza formada por pedras de granito. Depresión sobre 30 cm. de profundidade. Atópase situada a uns 200 m. dirección sur da mámoa Punxeiro 1.
Punxeiro 3Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo de 17 m. de eixo N.-S. por 18 m. no eixo E.-W. e cunha altura de 1,5m. Pódense ver restos de unha coraza formada de granito. Ten Unha depresión de 15 cm. de profundidade. Está situada a 50 m. da mámoa Punxeiro 2 en dirección SW.
Punxeiro 4Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WEstá moi arruinado. Túmulo de 12 m. no eixo N.-S. por 14 m. no eixo E.-W., cunha altura entre 50 cm. E 60 cm. Pódense ver unhas pedras hendidas que posiblemente formaran parte da estrutura tumular. Non se observa cono de depresión.
Punxeiro 5Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo de 19 m. no eixo N.-S. por 18 m. no eixo E.-W., cunha altura de 1m. Situada a 50 m. da mámoa Punxeiro 4 dirección oeste.
Punxeiro 6Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo de 24,5 m. no eixo N.-S. por 28 m. no eixo E.-W. cunha altura de 1,5 m. Pódense observar restos da coraza formada de pedras de granito. Cunha depresión de 60 cm. de profundidade. Sitúase a 50 m. dirección sur da mámoa Punxeiro 5.
Punxeiro 7Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo de 13 m. no eixo N.-S. por 15 m. no eixo E.-W. con unha altura de 1 m. Pódense ver restos de coraza granítica. Ten unha depresión duns 70 cm. de profundidade. Está situada a 100m. Dirección noroeste da mámoa Punxeiro 6.
Punxeiro 9Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' W
Punxeiro 10Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo megalítico de 9 m. no eixo N.-S. por 9 m. no eixo E.-W. e cunha altura de 80 cm. Pódense ver restos de coraza de piedras de granito. Ten unha depresión de 30 cm. de profundidade. Está situada a 100 m. en dirección norte da mámoa Punxeiro 9.
Punxeiro 11Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' W
Punxeiro 12Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo de 1 m. de altura e 9 m. no eixo N.-S. por 16 m. no eixo E.-W. Pódense ver resto de coraza de pedras de granito. Ten unha gabia que atravesa o túmulo de NO. Sitúase a 50 m. en dirección sudeste da mámoa Punxeiro 11.
Punxeiro 13Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo de 1 m. de altura e 12 m. no eixo N.-S. por 10,5 m. no eixo E.-W. Obsérvanse restos de coraza formada por pedras de granito, cunha depresión duns 70 cm. de profundidade. Atópase a 100 m. ao leste da mámoa Punxeiro 12.0
Punxeiro 14Sta. Cruz de SaltoPorcar43º26'38'' N / 8º07' 58'' WTúmulo megalítico de 50 cm. de altura, 15 m. no eixo N.-S. e 14 m. no eixo E.-W. Pódense observar restos de coraza formada por pedras de granito. Ten unha depresión duns 20 cm. de profundidade.

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web