Estilo: Rexionalismo
Datación: 1930-1934
Parroquia: Cabanas
Foi promovido por Emilio Blanco, emigrante na Arxentina. A maxestosa vivenda álzase entre unha frondosa vexetación dunha extensa finca no entorno urbano. A torre, con balcóns de rexería de ferro fundido que se abren no piso nobre, e a cuberta de tella árabe sobre grandes beirados sostidos por pezas de madeira tallada de teca, propios da arquitectura rexionalista, é o elemento protagonista desta arquitectura doméstica.