logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Entrada ás Fragas do Eume por Irís

O lugar escollido para entrada ao Parque Natural das Fragas do Eume é pola denominada “Ruta dos Encomendeiros”, no lugar de Balvís, 500 metros ao leste da igrexa parroquial de Irís. Xusto neste punto comeza o tramo sen asfalto dun percorrido lineal que transcorre durante nove quilómetros remontando a beira dereita do río Eume ata chegar ao Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.

Durante o primeiro quilómetro a vexetación que predomina é aínda o bosque de piñeiros e eucaliptos, pero a partir deste punto o camiño adéntrase nun dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa. Trátase dunha fraga que sobreviviu grazas ás peculiares características do territorio polo que transita o Eume: val profundo e encaixado, con fortes pendentes e elevada humidade. No bosque predominan os carballos, pero son frecuentes tamén os amieiros, freixos, olmos, salgueiros, castiñeiros, loureiros e acivros. Tamén é significativa a enorme variedade de fieitos que se poden atopar ao longo da ruta, algúns deles auténticas reliquias que sobreviven na zona desde os inicios da era cuaternaria como a Woodwardia radicans ou a Culcita macrocarpa.

O camiño alterna tramos con firme regular con outros pedregosos e con raíces, polo que é preciso transitar con precaución, especialmente nos días húmidos e chuviosos, nos que o leito do río pode crecer e deixar zonas de paso anegadas.

A partir do sexto quilómetro o sendeiro comparte trazado coa ruta circular que sae de Soaserra e ao longo do percorrido pasa polas pontes colgantes de Cal Grande e Fornelas, por varios regachos que é preciso atravesar como o rego das Novelas, o rego da Igrexa ou o rego da Tenza antes de chegar ao fin do percorrido en Caaveiro.

Parroquia: Santo Estevo de Irís

Lugar: Balvís

Coordenadas: 43.424607, -8.140555.

Acceso: A entrada ao Parque Natural das Fragas do Eume faise a través dunha ruta de sendeirismo que comeza á altura da igrexa parroquial de Santo Estevo de Irís. Desde este punto tómase a estrada que atravesa os núcleos de Traseiras e Balvís, onde comeza un camiño de terra que sigue o curso do río Eume ata o mosteiro de Caaveiro xa no interior do parque.

Ligazón á ruta de Irís: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-10-as-fragas-do-eume-os-encomendeiros-8329817

Accesibilidade: Pódese deixar o vehículo xunto á igrexa parroquial de Irís. O resto do percorrido deberá facerse a pé.

Puntos fortes: Ruta de grande beleza paisaxística polas beiras do río Eume.

Puntos débiles: O sendeiro conta con pouca sinalización direccional.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web