logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Escola laica de Cabanas

A escola laica de Cabanas é unha das chamadas escolas da emigración creadas a comezos do século XX por toda Galicia, grazas ás achegas de filántropos galegos emigrados en América ou de sociedades de instrución constituídas alén do mar. O seu obxectivo era o fomento da educación na infancia, como medio de acadar o progreso e superar o analfabetismo secular de Galicia.

Estes colexios viñeron a completar a rede educativa pública existente no momento e ademais supuxeron unha achega innovadora pois adoitaban ser laica, gratuítos e posuían plans de estudos modernos baseados nos países americanos dos promotores.

A escola de Cabanas foi inaugurada neste contexto, no ano 1929 pola denominada “Sociedade da Luz”, unha destas institucións instrutivas composta por emigrantes de Cabanas en Cuba, Florida, Arxentina, pero tamén por residentes galegos.

No edificio sobresae a monumental fachada, cun soportal rematado nunha balaustrada sostida por columna e pilastras. Na parte traseira estaban as aulas para nenos e nenas, con accesos independentes desde o patio.

En 1933, pasou a ser albergue de verán para nenos e a acoller colonias escolares. Tras a Guerra Civil, o edificio foi requisado polo exército, que o destinou a ser un centro de auxilio social para nenos orfos.

A escola foi rehabilitada no ano 2000 polo Concello de Cabanas para o seu funcionamento como centro sociocultural e lugar e realización de cursos, seminarios e conferencias.

Parroquia: Santo André de Cabanas

Lugar: O Campo do Oito

Coordenadas: 43.42434, -8.16558.

Acceso: Saíndo desde a marxe dereita da ponte sobre o río Eume, tómase a estrada N-651 en dirección norte. Despois de dous quilómetros cóllese un desvío á dereita por unha pequena rampla que leva directamente á escola.

Accesibilidade: Pódese chegar á escola en vehículo e o edificio conta ademais cun área de estacionamento na parte traseira. A entrada principal está dotada de ramplas para acceso de persoas con mobilidade reducida.

Puntos fortes: Monumentalidade e interese arquitectónico do edificio.

Puntos débiles: A sinalización direccional é escasa.

.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web