logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
    • Pile ou Face
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
  • Moviebox Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
    • Pile ou Face
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
  • Moviebox Apk

Micropaisaxes

Igrexa parroquial de Santo André de Cabanas

A Igrexa de Santo André conta con obras e ampliacións de diferentes épocas, pero probablemente o seu elemento máis destacado sexa a capela sur, denominada de Riobóo, edificada en 1686 por Francisco Seixas e Losada, naquel tempo arcebispo de Santiago de Compostela e benfeitor da parroquia. Nos muros exteriores pódese ver un fermoso escudo labrado de pedra coas armas da familia construtora: as cinco pombas dos Seixas; a torre dos Riobóo; a lousa esmagando a dous lagartos dos Losada e a árbore dos Piñeiro.

O mesmo brasón aparece tamén na fachada da Casa Grande de Santo André, que foi a residencia principal dos Seixas e localízase moi próximo ao templo, separado apenas pola estrada AC-141.

Outro elemento de interese da igrexa é a súa torre barroca de tres corpos, rematada nun campanario con campás de 1842 e 1913.

Parroquia: Santo André de Cabanas

Lugar: Cabanas

Coordenadas: 43.41861, -8.16143.

Acceso: Desde a N-651 chégase ao templo pola estrada AC-141 en dirección leste. A igrexa está a man dereita da estrada a 100 metros da casa do Concello.

Accesibilidade: Dispón dunha área de estacionamento de vehículos ao carón da estrada AC-141.

Puntos fortes: Templo vinculado á veciña Casa Grande de Santo André que conta cun dos máis artísticos escudos de armas da comarca.

Puntos débiles: O templo e o adro permanecen pechados excepto durante os exercicios relixiosos. 

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web