logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Igrexa de San Martiño do Porto

É unha igrexa dunha soa nave coa parte máis antiga na cabeceira, de estilo renacentista. A nave e a fachada son barrocas e foron edificadas entre 1759 e 1760 grazas á achega económica do arcebispo de Santiago de Compostela, Bartolomé Rajoy y Losada. O seu elemento máis destacado é a fermosa porta barroca, obra dos irmáns Alberto e Melchor Ricoy, cun frontón no que se aprecia a figura de San Martiño a cabalo compartindo a súa capa cun mendigo. A portada remata no alto cunha espadana, tamén barroca, con dúas campás fabricadas en 1807 e 1903 respectivamente. Accédese ao campanario a través dun balcón redondo e unha escalinata situados no lado sur do edificio.

Na zona traseira do templo, polo lado leste localízase o cemiterio parroquial.

Parroquia: San Martiño de Porto

Lugar: O Chao da Aldea

Coordenadas: 43.42309, -8.17513. 

Acceso: Chégase á igrexa parroquial desde a estrada N-651, collendo o desvío en dirección oeste pola estrada AC-122. Despois de 800 metros o templo atópase ao carón da estrada a man dereita.

Accesibilidade: Pode accederse en vehículo ata a zona de estacionamento situada detrás do cemiterio parroquial.

Puntos fortes: É unha das xoias barrocas do concello de Cabanas.

Puntos débiles: O templo permanece pechado excepto durante os exercicios relixiosos.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web