logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Igrexa de San Vicente de Regoela

Trátase dunha igrexa parroquial de trazas moi sinxelas e de grande sobriedade decorativa, datada no século XVII. A súa planta é rectangular, dunha soa nave, con teito de  madeira e tellado a dúas augas rematado cunha espadana de dúas campás na fachada.

O edificio conta cun pequeno adro delimitado por un muro de cachotería e localízase nunha zona de prados, próxima ao río das Lameiras, afastada das casas.

Fronte á fachada destaca o antigo cemiterio parroquial, que foi substituído en tempos máis recentes por outro de maiores dimensións, situado uns 100 metros ao sur. O vello camposanto é un exemplo de arquitectura funeraria tradicional onde se poden apreciar enterramentos en terra desde comezos do século XX ata a década de 1940 con cruces de mármore e de ferro. Unha das tumbas posúe unha curiosa decoración de cunchas de vieira colocadas a man sobre o túmulo.

Parroquia: San Vicente de Regoela

Lugar: Horta

Coordenadas: 43.45229, -8.11308.

Acceso: Saíndo desde a marxe dereita da ponte sobre o río Eume, tómase a estrada AC-564 en dirección nordeste. Despois de sete quilómetros vírase á esquerda pola estrada AC-1503 en dirección Fene e continúase por esta vía un quilómetro para tomar un pequeno desvío á dereita que leva ata o cemiterio novo, uns 400 metros máis lonxe. A Igrexa de Regoela está a 100 metros á dereita deste camposanto.

Accesibilidade: Pódese chegar en vehículo ata a porta do adro da igrexa de Regoela.

Puntos fortes: O conxunto patrimonial que forman a igrexa e o vello camposanto.

Puntos débiles:  O templo permanece pechado excepto durante os exercicios relixiosos

.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web