logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Igrexa de Santo Estevo de Irís

Edificio do século XIX de planta rectangular, cun pequeno corpo engadido ao carón da ábsida, que funciona como sancristía. De grande sinxeleza formal, a maior parte da decoración concéntrase na fachada que se remata cunha espadana de dúas campás, feitas en 1872 e 1928.

O elemento máis sobresaínte do templo é un sepulcro situado no interior, no muro norte baixo un arco de medio punto, coa figura do defunto en posición orante, vestido con hábito e unha faltriqueira colgada do cinto. Unha inscrición revela que alí foi enterrado Frei Hodemio da Mariña, clérigo da mesma igrexa, finado en 1536. Esta data permite deducir a existencia dun edificio anterior, probablemente de orixe medieval. A tumba foi descuberta por dous veciños, Juan Fabal e José Díaz, despois dunhas obras de restauración.

Parroquia: Santo Estevo de Irís

Lugar: A Igrexa

Coordenadas: 43.42523, -8.14608.

Acceso: Saíndo desde a marxe dereita da ponte sobre o río Eume, tómase a estrada AC-564 en dirección nordeste. Despois de dous quilómetros e medio vírase á dereita no lugar polo chamado camiño do Foxo que pasa polo lugar da Caneta e xusto despois chégase á igrexa parroquial de Irís.

Accesibilidade: Pódese chegar en vehículo ata uns metros antes da Igrexa de Irís.

Puntos fortes: O sartego de Frei Hodemio da Mariña.

Puntos débiles: O templo permanece pechado excepto durante os exercicios relixiosos.

.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web