logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Contacto
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Contacto
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos

Pontes, muíños e fontes

Cruzando o río

Pontes sobre o Eume

O río Eume separa os concellos de Cabanas e Pontedeume na fronteira sur, existindo varias pontes para cruzalo. Na propia desembocadura está a ponte do ferrocarril, a poucos metros da ponte dos Andrade. Río arriba, no corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, pódese cruzar o Eume a través de pontes colgantes.

Como chegar

Ponte dos Andrade

Datación: Entre 1380-1386
Parroquia: Cabanas

A ponte de Cabanas – Pontedeume construíuse entre 1380 e 1386 «… fue levantada a expensas de Fernán Pérez de Andrade y en la época de su edificación ha sido considerada como la más grande y famosa de Europa en su clase». Seguramente existía unha ponte anterior ao leste, de madeira, ou outro tipo de construción que permitise cruzar o río. A ponte que podemos ver actualmente, deseñado polos enxeñeiros Francisco Sejuelo, Adolfo Pequeno e Juan Vildosola foi construído entre os anos 1867 e 1870.

Como chegar
Como chegar

Ponte do ferrocarril

Datación: Inaugurado en 1913
Parroquia: Cabanas

Situado na desembocadura do Eume atópase a ponte de ferrocarril da liña Ferrol-Betanzos. Trátase dunha ponte metálica de tres tramos que dá acceso ao apeadeiro de Cabanas. O proxecto para a construción da ponte do ferrocarril sobre o río Eume foi aprobado o 14 de maio de 1902, xunto cos de Betanzos e Neda, mentres que os de Lambre e Bañobre foron o 29 de novembro dese mesmo ano, todos eles pertencentes á liña ferroviaria de Betanzos a Ferrol, cariñosamente coñecida como “el ramalillo”. Inaugurouse o 5 de maio de 1913.

Como chegar

Aproveitar a auga

os muíños

As xentes de Cabanas souberon aproveitar o curso da auga nos diferentes ríos e regatos
para moer o gran, aínda que algún destes muíños tamén serviu para fabricar pólvora.

muíños do río castro

NOMEDESCRICIÓN
De Bentín, nº1O Muíño de Bentín consta dunha tixola en falsa bóveda. Aséntase en paredes feitas con anacos de pedras de lousa. O teito que divide a zona superior da inferior está feita grandes lajas de lousa. Na tixola hai dúas rodicios, colocados un enfronte do outro, no sentido no que entra e sae a auga. O máis interior dos dous está feito con pezas de fundición, mentres que o colocado cara ao exterior está formado por pezas de madeira. A dez ou quince metros sobre o nivel do río, na marxe oposta ao que ocupa o muíño atópase o estanque. A auga é transportada entre ambos os lados por un tubo metálico. Este muíño continúa en uso.
De parceiros de Prego ou de Torre, nº2Situados a uns vinte metros corrente a baixo do Muíño de Bentin, na mesma marxe. Coñecido tamén polo nome de Muíño dá Sociedade. Ese muíño atópase en estado de ruínas.
De parceiros de Barreiros e Lousada, nº3O Muíño de parceiros de Barreiros e Lousada atópase a uns corenta metros río abaixo do Muíño de perceiros de Prego ou de Torre. Separan o piso da tixola grandes lajas de lousa. Os elementos do muíño xa non se atopan e este áchase en estado de ruínas.
Da cal, das sitas, de Saavedra ou dos Loureanos, nº4Conta cunha canle de cantería que conecta cun cubo máis grande do común, de catro a cinco metros. Este muíño atópase en estado de ruínas.
Muíño nº5Neste muíño a mesa, vila e aliviadoiro atópanse paralelos á corrente da auga, transversais á norma xeral deste tipo de muíños. Ademais do sistema de peche conta cun mecanismo que permite que a auga corra sen necesidade de que o muíño este en funcionamento, pero mollando o rodicio para que este continúe húmido e non se estrague. Este muíño segue funcionando.
Muíño nº6Muíño tipo en mal estado de conservación.
Muíño nº7Muíño practicamente destruído na súa totalidade.
Muíño nº8Muíño practicamente destruído na súa totalidade.
Muíño nº9Na parte alta o pe está colocado sobre dúas moas, probablemente pertencentes a outro muíño, tendo así máis elevación no novo muíño. Este atópase en desuso.
Muíño nº10Localizado baixo unha casa. Totalmente arruinado.
Muíño nº11Actualmente só consérvase unha das dúas partes que o compoñían. A sartén é un arco de medio punto rebaixado. Este muíño atópase en desuso.
Muíño nº12Muíño tipo. Fora de funcionamento na actualidade.
Muíño nº13Muíño tipo. Non se usa na actualidade.
Muíño nº14Muíño tipo. Non se usa na actualidade.
Muíño nº15Este muíño foi reconstruído coma vivenda.
Muíño nº16Muíño tipo. Fora de funcionamento.
Muíño nº17Muíño tipo. Atópase en desuso.
Muíño de Consuelo a Rica, nº18Consta de dúas pezas. Na actualidade só funciona unha.
Muíño de Bernardino, nº19Formado por dúas pezas, unha úsase para o millo e a outra para o trigo. Este muíño séguese usando.
Muíño nº20Muíño de dúas pezas. Non se usa actualmente.
Muíño nº21Muíño tipo.
Muíño nº22Muíño tipo. Actualmente consérvanse as pedras de moer.
Muíño de Carmen a Rica, nº23Usado coma vivenda na actualidade.
Muíño de Cabada 1, nº24Muíño tipo. Usado coma vivenda na actualidade.
Muíño de Cabada 2 ou do Priorato, nº25A auga é desviada cara unha presa uns cen metros antes do muíño. No dintel, sobre a porta, unha inscrición reza "SUCURSAL DEL PRIORATO". Este muíño continúa en uso.
Muíño de Trigo, nº26Muíño con dúas pezas, unha de trigo e outra de centeo. Unha delas descansa sobre pedras dun muíño anterior. Este muíño atópase actualmente en desuso.
Muíño de Lousada, nº27Muíño en estado de ruínas.
Muíño nº28Muíño con sartenes compostas por tres arcos de medio punto e sillares de granito. Actualmente atópase en desuso. O río avanza canalizadoa prtir deste muíño en diante para abastecer ós muíños río abaixo.
Muíño nº29Muíño con dúas estradas de auga, a primeira úsase para a sartén e a segunda para desviar a auga cando o muíño non está funcionando. Muíño en desuso.
Muíño nº30Muíño tipo. Usado para moer millo. Continúa en uso na actualidade.
Muíño nº31Muíño usado para moer trigo. Sartén en V invertida. Continúa en uso.
Muíño da Serrana, nº32Contaba con dúas pedras, unha para millo e unha para trigo. Con dúas sartenes e unha entrada de auga. No dintel da porta pódese ver unha cruz latina potenciada. Non funciona actualmente.
Muíño de Medal, nº33Muíño de dúas pedras, para millo e trigo, esta última en desuso. Conta cunha cernidora que no seu tempo adaptábase ao muíño e separaba a fariña dos salvados. De propiedade particular, a parte alta é usada coma vivenda.
Muíño de Marés, nº34Situado na desembocadura do río, atópanse os restos dun muíño de tipo mixto, facíase funcionar con auga de mar e de río. Este muíño deixou de moer gran e pasou a moer carbón vexetal feito a partir da madeira da vide e usado na fabricación de pólvora para fines pirotécnicos a principios do S.XX. Na actualidade atópase en estado de ruínas.

muíños do río da igrexa

NOMEDESCRICIÓN
Muíño nº1Usado como vivenda, na súa parte baixa ou bodega atópabase a parte inferior do muíño, sobre este atopábase o piso e o tellado da vivenda. Polas referencias recollidas, parece ser que se trataba dun muíño de pago en especies. Atópase en estado de ruínas.
Muíño nº2Deste muíño só podemos atopar os muros. Estado ruinoso.
Muíño nº3Muíño situado a uns trinta metros corrente abaixo do muíño nº2. Podemos ver na porta unhas inscricións que rezan: "AÑO 1917, 1931, 1967". Actualmente atópase en desuso.
Muíño nº4Muíño en estado de ruínas.
Muíño nº5Este muíño conta cunha sartén con dintel de cantería. A porta mira ao sureste e conta con sete cruces, dúas na xamba esquerda, outras catro na xamba dereita e a última atópase encima dun pousadoiro, no lado esquerdo da fachada principal. Atópase en estado de ruínas.
Muíño nº6Muíño tipo. Atópase en estado de ruínas.
Muíño nº7Deste muíño soamente consérvanse os muros, fabricados de sillarejo. Atópase en estado de ruínas.
Muíño nº8Muíño tipo. Atópase en estado de funcionamento.

muíños do río lousada

NOMEDESCRICIÓN
Muíño nº1O Muíño da Revolta está situado no regato Carboeiro. Cunha soa sartán a mesa está orientada según a corrente da auga, de leste a oeste. Na fachada orientada cara o norte ten unha porta con seis cruces, unha na xamba esquerda, outras tres na xamba dereita e as dúas últimas no dintel Este muíño está actualmente en desuso.
Muíño nº2Muíño de oito ou dez parceiros. A porta, situada ao noroeste conta cunha cruz na xamba esquerda. Está situado no regato de Lousada. Este muíño sigue en uso na actualidade.
Muíño nº3Muíño cunha soa pedra, conta cunha cruz latina situada no lado esquerdo da porta. Actualmente non está en uso.
Muíño nº4Muíño tipo. Actualmente en desuso.
Muíño nº5Muíño tipo. Actualmente continúa funcionando.

muíños do río da furna

NOMEDESCRICIÓN
Muíño nº1Muíño tipo. Actualmente atópase en desuso.
Muíño nº2Muíño tipo. Pódese ver no dintel da porta unha cruz latina. Actualmente atópase en desuso.
Muíño nº3Muíño tipo. Actualmente séguese usando.
Muíño nº4Este muíño conta cun cubo duns cinco metros de altura. Actualmente atópase en desuso.

muíños do río de pouso

NOMEDESCRICIÓN
Muíño nº1Muíño tipo, actualmente atópase en desuso.

recursos naturais

as fontes

As fonte serviron historicamente para abastecer de auga aos domicilios e dar de beber ao gando.
Xunto a varias delas construíronse lavadoiros, que foron usados por varias xeracións.

NOMEPARROQUIADESCRICIÓN
Dos CorgosCabanasSituada tras o pazo de Rioboo e reconstruída en 1985. Ten un cano de granito descansando en sillares de cantería. O resto da fonte está feito de sillarejo de granito. Podemos ver o que podería ser a cuberta a dúas augas. A os lados da hornacina o muro é de sillarejo de granito.
De IrísIrísPegada ó muro, a un lado do camiño está a fonte de pedra con dous canos rematada por unha cornixa plana, unha hornacina cuadrangular atópase á esquerda, axustada no muro, usada para colocar os cubos, á dereita atópase un lavadoiro de cemento.
Da CostaPortoConstruída polo concello xunto a outras de estilo similar. De corpo rectangular feito en sillares de cantería de granito e rematado por unha cornixa. Ésta, no seu centro, transfórmase nun frotón triangular. A auga cae dos caños nun pilón rectangular de cemento.
Da EirexaSoaserraSituada na cara exterior no muro do atrio da igrexa parroquial, a auga cae dun cano de granito que sobresae do muro e cae nun pilón de forma rectangular, feito nunha soa pedra traballada en cantería de granito.
Da pedra do CoutoIrísFonte cun lenzo de cantería rematado, segundo as zonas, por lousas colocadas en forma de cornixa. A auga cae por un cano ao pilón de granito dunha soa peza. Xunto á fonte hai un lavadoiro de lajas de lousa e restaurado con cemento.
Da penaIrísFonte de estrutura simple, conta na parte inferior cun pilón cuadrangular de granito, pegado por un dos lados ao lenzo, tamén de granito. De él mana a auga por un cano. Encima hai un frontón semicircular.
De San MamedeLaraxeA Fonte de San Mamede foi cambiando de situación co tempo, ata en tres ocasuóns, estando sempre próxima á igrexa. A causa destes cambios foi perdendo algún dos seus elementos arquitectónicos. Actualmente conta con un pilón rectangular de granito, corpo de forma tamén rectangular feito con sillares de granito.
De FornarízIrísFonte de corpo rectangular a partir de sillares de cantería de granito, remátao unha cornixa plana, no centro convértese nun frotón triangular. A auga cae a un pilón de granito dunha soa peza por un cano. Xunto á fonte hay un lavadoiro de forma rectangular. Foi feita construir polo concello a principiios de siglo. E baixo o frotón pódese ler a seguinte inscrición: "EDIFICIO AÑO DE....9P J C M MUNICIPAL".
Do pazo de FraiánPortoSituada dentro do reinto amurallado do pazo de Fraián. Consta dun lenzo de sillarejo de granito excepto a parte do centro, en onde catro sillares de cantería bordean unha pequena porta de madeira. Un cano deixa caer a auga nunha pila de cantería con forma oval.
De LavandeiraSoaserraDous canos saen dun lenzo de cantería de granito deixando caer a auga nun pilón de forma rectangular feito dunha soa peza feita en cantería de granito, rematado nun frotón de augas cóncavas sin molduras. Xunto á fonte atópase un lavadoiro de cantería.

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web