logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Praia e piñeiral da Madalena

O areal da Madalena constitúe unha das máis extensas e mellores praias da desembocadura do Eume, con algo máis de un quilómetro de lonxitude. Conta con servizos de socorrismo, restauración, baños públicos e área de estacionamento nas proximidades.

A súa orientación é norte sur e no seu extremo setentrional limita cun cantil onde comeza o Sendeiro da Costa, ao que se accede por unha escalinata de madeira. Esta ruta transcorre por outros interesantes espazos como a praia de Chamoso e a desembocadura do río Castro.

O areal da Madalena está ademais cinguido polo seu leste por un extenso piñeiral de nove hectáreas, composto por piñeiros, carballos e algunhas sobreiras de gran porte. Este espazo, de grande interese natural, está atravesado por pasarelas de madeira que facilitan o tránsito e limitan os impactos da acción humana sobre o medio.

Na súa contorna tamén celébrase todos os anos a finais de xullo ou comezos de agosto a popular festa de Santa Marta.

Parroquia: San Martiño de Porto

Lugar: A Madalena

Coordenadas: 43.41711, -8.17244. https://goo.gl/maps/wuCYNAYgctvzskbj7

Acceso: Desde a saída da autoestrada AP-9 continúase todo dereito en dirección oeste cara a estrada da praia. Despois de pasar dúas rotondas, tanto a praia da Madalena como o Piñeiral atópanse ao carón da estrada da praia e paseo da Madalena.

Accesibilidade: Pódese acceder en vehículo ata a zona do piñeiral. Para chegar á praia existen pasarelas de madeira que permiten o acceso a persoas con mobilidade reducida e cadeiras de rodas. A praia e piñeiral contan con áreas de estacionamento de vehículos.

Puntos fortes: Praia e piñeiral están dotados de servizos diversos (estacionamento, socorrismo, restauración…)

Puntos débiles: No verán pode haber problemas de escaseza de prazas de estacionamento na contorna.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web