logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Río Castro, desembocadura e muíño maré río Castro

Mesmo na desembocadura do río Castro, no límite natural entre os concello de Cabanas e Fene, nunha fermosa paraxe atópanse as ruínas dun muíño de tipo mixto que podía funcionar tanto coa auga do mar como coa corrente fluvial. Descoñécese a data da súa construción, pero estivo en funcionamento polo menos desde finais do século XIX. Nun inicio foi un muíño fariñeiro, pero xa a comezos do século XX comezou a moer carbón vexetal feito a partir da madeira de vide, que era usada na fabricación de pólvora para fins pirotécnicos.

Na actualidade do complexo consérvase a presa, que atravesa o regato e parte dos muros dun edificio de dous andares construído con cachotería de xisto, no que se aprecian dúas fiestras e os restos da porta de entrada.

Parroquia: San Martiño de Porto

Lugar: O Piñeiro

Coordenadas: 43.42385, -8.18548 

Acceso: Para chegar ao muíño de maré do río castro, desde a estrada N-651 débese tomar un desvío pola AC-122, que atravesa a parroquia de Porto. Despois de pasar a Igrexa parroquial de San Martiño de Porto, cóllese a segunda estrada á esquerda polo camiño de Chamoso e logo a seguinte vía á dereita polo camiño das Modias que segue de maneira paralela o curso do río Castro. Ao pasar por debaixo do viaduto do tren, vírase á esquerda e continúase 300 metros. A uns 80 metros da estrada, camiñando chégase finalmente ao muíño de mareas.

Accesibilidade: Pódese chegar en vehículo ata preto do Muíño de Maré. Os últimos 80 metro deben facerse a pé. Non hai espazo habilitado para estacionar. 

Puntos fortes: Lugar de grande beleza paisaxística.

Puntos débiles: Carece de área de estacionamento.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web