Praia do Río Castro
Parroquia: San Martiño de Porto
É unha pequena praia situada na desembocadura do río Castro (tamén coñecido como Ventín, Dana ou regato de Laraxe), e limita os concellos de Cabanas e Fene. Entorno de augas tranquilas, con firme de area escura e croios.