logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Entrada ás Fragas do Eume por Soaserra

Desde a parroquia de Santa Olaia de Soaserra o acceso ao Parque Natural das Fragas do Eume realizase a través da ruta de sendeirismo circular Soaserra-Mosteiro de Caaveiro de 13 quilómetros. O itinerario comeza ao pé da igrexa parroquial de Soaserra, ao carón dunha fonte e lavadoiro para atravesar pouco despois o rego da Igrexa por unha ponte de madeira e continuar cara a Xavariz.

Xavariz é un dos núcleos máis antigos do Concello de Cabanas, documentándose xa nos séculos X e XI co nome de Xavarit, e formando parte desde os primeiros tempos do territorio do Couto do Mosteiro de San Xoán de Caaveiro. Esta poboación conta cun interesante conxunto de construcións tradicionais e especialmente de hórreos da tipoloxía local, estreitos, con cámara de madeira e tellado a dúas augas.

Desde o final do núcleo de Xavariz sae unha pista forestal que con acusada pendente vaise achegando ata a ribeira do Eume para compartir trazado coa “Ruta dos Encomendeiros” despois de tres quilómetros. O itinerario conduce ata o mosteiro de Caaveiro e volve de novo a Xavariz, para rematar finalmente na contorna da parroquial de Soaserra.

Parroquia: Santa Olaia de Soaserra

Lugar: Xavariz

Coordenadas: 43.422421, -8.094272.

Acceso: Existen dúas posibilidades de entrar ao Parque Natural das Fragas do Eume desde Soaserra. A primeira chegando ata a Igrexa parroquial de Soaserra e tomando o camiño de terra que sae uns metros máis abaixo do templo. A outra opción é comezar máis adiante do templo, xa no lugar de Xavariz de onde sae unha pista forestal en dirección sur que se adentra no parque.

Ligazón á ruta de Soaserra: https://cabanas.gal/roteiro-de-soaserra-ao-mosteiro-de-caaveiro/

Accesibilidade: Pódese deixar o vehículo no aparcamento da igrexa parroquial de Soaserra. O resto do percorrido deberá facerse a pé.

Puntos fortes: Ruta de grande beleza paisaxística polas beiras do río Eume.

Puntos débiles: Os primeiros tres quilómetros e os últimos da ruta que permite acceder ao parque Natural das Fragas do Eume posúen unha acusada pendente.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web