logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
    • Pile ou Face
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
  • Face Symmetry
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
    • Pile ou Face
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
  • Face Symmetry

Micropaisaxes

Cruceiro do Areal

Situado actualmente nunha pequena praza, no denominado campo do oito, a súa localización orixinal foi porén ao final da ponte de pedra que atravesa o Eume, sendo posteriormente trasladado.

Trátase dunha cruz de granito colocada sobre un varal hexagonal que se volve cadrado nos extremos e se asenta sobre unha base de oito lados e catro chanzos. Na cruz represéntase por un lado a figura dun Cristo crucificado con tres cravos e a cabeza ladeada á dereita e polo outro unha virxe orante. A decoración, moi sinxela, consiste nunha flor de oito puntas en relevo colocada nos extremos dos brazos do cruceiro.

Trátase dun elemento vinculado orixinalmente ao Camiño Inglés a Compostela, levantado con probabilidade a finais do século XVI e que cumpría diversas funcións como a de santificar o lugar por onde pasaban os camiñantes, servir de protección e tamén para sinalizar o itinerario.

Parroquia: Santo André de Cabanas

Lugar: O Campo do Oito

Coordenadas: 43.41467, -8.16621.

Acceso: Saíndo desde a marxe dereita da ponte sobre o río Eume, tómase a estrada N-651 en dirección norte pola Avenida Areal. Despois de 500 metros tómase un desvío á dereita pola estrada do campo do oito. O cruceiro está a 50 metros deste desvío a man esquerda nunha pequena praciña.

Accesibilidade: Pódese chegar ata a contorna do cruceiro en vehículo e hai próxima unha zona para estacionar.

Puntos fortes: S súa vinculación ao Camiño Inglés de Santiago.

Puntos débiles: Foi trasladado da súa localización orixinal.

.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web