logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Igrexa de San Mamede de Laraxe

O templo parroquial de San Mamede de Laraxe é un sinxelo edificio barroco, dunha soa nave e con espadana central. No interior, no lado norte, hai unha capela dedicada a San Barilán cun altar pétreo de estilo renacentista e nun dos seus muros apréciase unha inscrición sinalando a súa construción no ano 1601 por Agustín Vaz.

No exterior, ten grande interese o cemiterio parroquial construído en 1921. Conta cun portal realizado con ferro de forxa e algúns dos panteóns máis antigos están artisticamente decorados na súa parte superior con motivos de rosáceas, cálices e unha ponte, inspirada probablemente na que cruza o Eume.

Ao carón do cemiterio hai tamén unha curiosa fonte de pedra coroada cun frontón semicircular onde se aprecia unha cruz en relevo.

Parroquia: San Mamede de Laraxe.

Lugar: Areal

Coordenadas: 43.43725, -8.15407.

Acceso: Saíndo desde a marxe dereita da ponte sobre o río Eume, tómase a estrada N-651 en dirección norte. Despois de 4,6 quilómetros a igrexa e o camposanto están a man esquerda da vía.

Accesibilidade: Pódese chegar en vehículo ata a porta do adro da igrexa de Laraxe.

Puntos fortes: Forma un interesante conxunto patrimonial xunto co cemiterio parroquial e a fonte de pedra.

Puntos débiles: O templo permanece pechado excepto durante os exercicios relixiosos.

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web