logo-menu1
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk
Menu
  • Inicio
  • A Fraga
  • O Mar
    • A Madalena
    • Chamoso
    • Río Castro
    • Praia canina
  • O Patrimonio
    • Igrexas e cruceiros
    • Pazos, hórreos e lagares
    • Cabanas indiana
    • Castros e mámoas
    • Pontes, muíños e fontes
    • Festas, feiras e romarías
  • Que facer
    • Roteiros
    • O Camiño Inglés
    • Micropaisaxes
  • A túa visita
    • Como chegar
    • Aloxamento
    • Comer e beber
    • Recursos
    • Contacto
  • Summertime Saga Mod Apk

Micropaisaxes

Miradoiro de Irís

En Irís, a 200 metros da igrexa de parroquial de Santo Estevo, á altura do núcleo de Traseiras, mesmo nun pequeno ancheamento da estrada atópase un dos mellores miradoiros sobre o río Eume, xa no seu último tramo, despois de atravesar o Parque Natural das Fragas do Eume e antes de chegar á desembocadura.

Trátase dunha zona onde a corrente baixa formando meandros e as augas mudan o seu caudal en función das mareas, cambiando tamén a percepción da paisaxe segundo o momento do día. Desde este punto apréciase no horizonte o núcleo de Pontedeume, o monte Bréamo e o castelo da Nogueirosa.

Unha lenda conta que, no momento da creación, Deus enviou aos ríos da serra do Xistral por diferentes ladeiras coa promesa de que o primeiro en chegar ao mar recibiría cada ano un home como ofrenda. O Eume debía regar as terras do poñente, o Landro o norte e o Masma levaba as súas augas ao nacente. Os tres pactaron facer o camiño e chegar ao mesmo tempo, pero nun descanso, o Eume decatouse que só el cumprira o acordo e decidiu acelerar o paso das súas augas creando un curso agreste, cheo de saltos e gañando finalmente o reto ao conseguir chegar primeiro.

Parroquia: Santo Estevo de Irís

Lugar: Traseiras

Coordenadas: 43.424118, -8.143565.

Acceso: Chegase ao miradoiro pola estrada que atravesa Irís desde a igrexa parroquial de Santo Estevo, a 200 metros en dirección leste cara ao Parque Natural das Fragas do Eume.

Accesibilidade: Pódese acceder ata o miradoiro en vehículo xa que se sitúa nun lateral da estrada, pero non é posible estacionar no lugar.

Puntos fortes: É un dos mellores miradoiros sobre o tramo final do río Eume.

Puntos débiles: Non é posible estacionar no miradoiro..

Comparte este contido!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
Ver outros MICROPAISAXES

O Concello

  • Rúa do Concello, 22
  • 981495959

ligazóns

  • Web do Concello
  • Contacto
  • CIMM Cabanas
  • Área de Turismo
  • Privacidade

síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Youtube

instagram

Copyright © Concello de Cabanas. Sitio implementado por Gnomio Soluciones Web